AFILIACIÓN: QUE TEMOS PARA O TEU GRUPO?

PRESENZA NAS REDES 'SONS DE BASE': En todas as redes sociais da entidade. Teremos actualizada a vosa sección dentro das nosas páxinas, e poderedes ofrecelas a quen queirades para que vos coñeza. Un espazo da nosa web exclusivo para os contidos que queirades...

CONCERTO NA SALA THE STAR (CARRAL): Unha das salas de máis prestixio abre as portas á vosa música. A través dun convenio de colaboración con Sons de Base poderedes ofrecer un concerto nun dos mellores escenarios de Galicia cada ano.

FESTIVAL SONS DE BASE: Unha vez ao ano organizamos o noso festival, unha oportunidade de darvos a coñecer e de entrar en contacto con outros afiliados da nosa asociación...

10% DE DESCONTO EN SERVIZOS AUDIOVISUAIS: Calquera cousa que queirades facer relacionada coa música, o audiovisual ou a comunicación, podedes contratala con algunha das empresas coas que temos convenios de colaboración. Teredes un desconto especial!

CARTEIRA DE ARTISTAS DE SONS DE BASE: Moitas empresas e administracións queren ofrecer concertos en diferentes eventos. Sons de Base entrégalle a todas o seu catálogo para que poidan escoller entre os nosos grupos. Formar parte del é toda unha garantía de éxito.

ASESORAMENTO ARTÍSTICO: A través de profesionais de prestixio. Calquera dúbida ten resposta.

ACCESO A CERTAMES MUSICAIS: Xestionamos e facemos posible que o voso grupo poida estar presente en todos cantos certames e concursos se convocan para bandas de base.

 
blog
newsletter

redessociais
 
 
© 2011 · Sons de Base