A Asociación Sons de Base estará presente na 'Festa ETIQUEDIS', que terá lugar o xoves 26 de agosto en Castelo (Culleredo), cun espazo propio no que amosará todo o seu potencial no mundo audiovisual e multimedia a todo o público da que será unha das citas máis importantes e interesantes para a mocidade galega neste verán.
A 'Festa ETIQUEDIS' está organizada pola Asoc. Castelo Deporte, unha entidade coa que Sons de Base colabora de xeito habitual, fundamentalmente a través de Radio Sons de Base e todos os servizos na rede que a nosa asociación ofrece na difusión de contidos multimedia a través de Internet. Nesta ocasión tratarase dun xeito de difundir a nosa actividade nun escenario único, ao aire libre e coas posibilidades que a contorna ofreza.
A través da web de ETIQUEDIS pódese acceder a toda información sobre o evento...