interfaz_01 interfaz_02
publi
Sons de Base detén a súa actividade ata o
19 de xullo para preparar un intenso agosto

Sons de Base | A Coruña

Sons de Base colle vacacións ata o 19 de xullo, o obxectivo, preparar o que restará de verán á volta para traballar sen descanso nun mes de agosto que moi posiblemente será intenso para a entidade.
A asociación está inmersa nun proceso de reconversión a través do cal preténdese cambiar a forma legal para adaptala a unha estrutura empresarial. A boa marcha das actividades no primeiro ano de existencia fixo á directiva da asociación plantexar este cambio de cara ao novo curso.

Ademais, e sexa cal sexa o futuro legal de Sons de Base, a entidade estará presente na macrofesta que terá lugar o 26 de agosto na parroquia cullerdense de Castelo (Culleredo), bautizada como 'ETIQUEDIS'. Dende hai meses a asociación ven colaborando coa Asoc. Castelo Deporte, a entidade que organiza o evento, ofrecendo os seus produtos multimedia como a emisora de radio Sons de Base, na que emitiu programas semanais durante o pasado mes de maio.

Toda a información sobre Sons de Base continuará actualizada nas redes sociais.

interfaz_04
interfaz_05