interfaz_01 interfaz_02
publi
obxectivo social

A Asociación Sons de Base persegue varios obxectivos sociais como entidade sen ánimo de lucro, dirixindo a súa actividade á mocidade galega, tratando de acadar o maior dos éxitos para todos aqueles que con esforzo, traballo e ilusión buscan chegar aos escenarios para ofrecer grandes espectáculos.

Sons de Base financiase a través das aportacións dos socios e das tarifas ás que están sometidos na contratación dos servizos da entidade. Todos os ingresos da asociación son aproveitados para a mellora da mesma, renovando o material técnico para os asociados ou promovendo iniciativas públicas para dar a coñecer aos pequenos grupos de música galegos.

Ademais, Sons de Base defínese como entidade galega e defensora da cultura, a lingua, a identidade nacional e as posibilidades dos seus artistas.
interfaz_04
interfaz_05