interfaz_01 interfaz_02
publi
 que é Sons de Base?

A Asociación Sons de Base é unha entidade sen ánimo de lucro que ten por obxectivo apoiar aos pequenos grupos de música galegos en proceso de creación, e que intentan dar os primeiros pasos no compexo mundo da música.

A través dunha ampla oferta de servizos, caracterizada pola posibilidade de achegar medios técnicos económicamente inalcanzables para os conxuntos por si mesmos, Sons de Base pretende ser unha axuda para quen pretende medrar empregando todos os recursos tecnolóxicos desexados.

Sons de Base aplica tarifas moi reducidas como asociación sen ánimo de lucro, e os beneficios acumulados son destinados a investimentos en material para ofrecer mellores medios, ou ben a promoción, a través da organización de eventos para difundir a música dos conxuntos asociados á entidade.
interfaz_04
interfaz_05