O blog de Sons de Base ponse en marcha co novo curso

Pretende ser unha plataforma de difusión do panorama cultural en Galicia, tanto no ámbito
da música como da escena e calquera outro tipo de representación artística

 
 

A asociación Sons de Base retoma a súa actividade no novo curso cunha forte aposta pola información a través do seu blog. A entidade pretende recoller a través desta plataforma todo o que acontece no panorama cultural de toda Galicia, prestando especial atención a todo o que rodea ao mundo da música.

Con esta transformación, ábrese un proxecto que dende hai uns meses a asociación quere desenvolver de xeito completo para complementar a información recollida na propia páxina web. O blog será un caderno do día a día sobre a actividade cultural da nosa comunidade, quedando reservado para a páxina todo o contido que afecta directamente ao proxecto concreto de Sons de Base.

Pódese acceder ao blog a través do enderezo blog.sonsdebase.org

blog
newsletter

redessociais
 
 
© 2011 · Sons de Base