| |
Logo dun parón motivado polas vacacións de verán, Sons de Base reinicia a súa actividade habitual cunha etapa de captación de afiliados a través das diferentes redes sociais e dos convenios de colaboración con diferentes empresas de produción audiovisual e musical en Galicia.
O novo curso pretende ser o da consolidación da entidade como un dos referentes na difusión da cultura galega a todos os niveis, especialmente na música. Por esta razón, o nacemento do blog da entidade, que recollerá información sobre o panorama musical de xeito periódico, e mesmo a creación dun newsletter, serán algunhas das propostas coas que Sons de Base iniciará a súa andaina a partir do
mes de setembro.
|