OS NOSOS OBXECTIVOS

1. Fomentar a presenza de grupos de música de base nas programacións das principais salas de concertos e festivais de Galicia.

2. Achegar a grupos de música de recente creación as ferramentas necesarias, nomeadamente no relacionado co asesoramento e o apoio material, para contribuir ao seu progreso.

3. Ofrecer unha carteira aberta ás peticións e solicitudes de grupos de música con necesidades concretas (músicos, vocalistas, produtores...) ou de persoas con gañas de facer música

4. Favorecer a presenza do mundo da música de base nas diferentes redes sociais e páxinas web, así como en todos os soportes innovadores relacionados coas novas tecnoloxías, co fin de procurar unha maior populariade de bandas con escasos recursos de comunicación.

5. Colaborar con festivais de música organizados por outras asociacións ou entidades sen ánimo de lucro en tarefas loxísticas, de asesoramento técnico e mesmo na procura dun público obxectivo específico e acorde coas características do proxecto.

6. Contribuir á divulgación de todos os elementos configuradores da cultura propia de Galicia, nomeadamente a lingua e a música, achegando os recursos necesarios na medida das posibilidades a todas as entidades e causas que defendan o fomento dos nosos elementos caracterizadores.
 
blog
newsletter

redessociais
 
 
© 2011 · Sons de Base