A MELLOR CANTEIRA DE SONS DESTA TERRA...
Presentámonos. Somos Sons de Base, unha asociación sen ánimo de lucro con sede en Cambre, unha pequena poboación da Coruña. É o de menos, porque o noso campo de actuación é moito máis grande. Traballamos no eido de toda esta terra, de Galicia, pero chegamos moito maís lonxe grazas á nosa aposta pola rede e as novas tecnoloxías: as nosas ferramentas de traballo.
Puxemos en marcha este proxecto para darlle saída a un problema: a cantidade de xente con gañas de facer música en Galicia e poucos medios, pouca idea e poucos recursos para saír adiante. Queremos axudar a toda esa xente. A músicos, cantantes, bandas, orquestras, compositores... Queremos ser a voz da música de base, de todos os que non teñen o apoio dunha axencia de representación por detrás, pero que aspiran a subir algún día aos mellores escenarios.
Con estas premisas, e sumando á nosa acción concreta un compromiso irrenunciable coa lingua galega e en xeral coa nosa cultura, lanzámonos para, non sendo nos os importantes, facer importantes aos grupos que queiran confiar en nos. Non pedimos moito a cambio.
|
|
|
|
|
|